A XIX edición do concurso Picadillo xa ten as súas tapas gañadoras

1apg0201

\"\"

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu no salón de sesións do Palacio Municipal de María Pita a entrega de premios da XIX edición do concurso de tapas Picadillo. Tras analizar as propostas dos 49 establecementos que participaron no certame entre o 24 de novembro e o 3 de decembro, o xurado escolleu a Ajetreo Taberna (nas categorías Receitario Picadillo e Cidade da Coruña) e Taberna Triay (na categoría Tapa Creativa) como gañadores.

Por unha banda, Ajetreo Taberna conseguiu dous dos tres premios coa súa receita \”Pataca da horta\”. O establecemento situado na rúa Galera foi gañador do Premio Picadillo 2023 á mellor tapa Receitario Picadillo, que se outorga a aquelas que empregan nas súas elaboracións receitas salgadas recollidas na obra \’La cocina práctica\’, de Manuel María Puga y Parga, \’Picadillo\’. Nesa categoría recibiu unha mención especial o bar Quintela pola súa tapa \”Ramen galego\”. Ajetreo Taberna tamén obtivo o Premio Picadillo 2023 da Cidade da Coruña ao ser a tapa máis votada polo público que participou no concurso. Recolleu os galardóns en representación do establecemento Belén Nogueira.

Por outra banda, o Premio Picadillo 2023 á mellor Tapa Creativa foi para a Taberna Triay coa súa tapa \”Donete recheo de cocido, glaseado de queixo do Cebreiro, caramelo de pemento e o seu caldo afumado\”. Recolleu o premio Manuel Triay. Tamén houbo unha mención especial ao establecemento Intenso Coruña coa súa tapa \”Éclair de touciño entrefebrado confeitado á carbonara galega\”.

Inés Rey destacou a gran calidade das receitas presentadas nesta edición e a dificultade do xurado para escoller as gañadoras. \”Como coruñesa, é un orgullo comprobar o pulo e crecemento dun concurso tan popular, que amosa a capacidade de superación dun sector fundamental para a economía da cidade como é a hostalaría\”, sinalou a rexedora. Rey confirmou tamén que o ano que vén, na XX edición do concurso, conmemorarase o 150 aniversario do nacemento de Picadillo con diferentes sorpresas.

No acto, a alcaldesa estivo acompañada pola concelleira de Turismo, Comercio, Mercados e Hostalería, Diana Cabanas, e pola neta de Picadillo e membro da Academia de Gastronomía de Galicia, Carmen Fernández-Gago Puga.

Diplomas por categorías

Categoría Receitario Picadillo

  • AJETREO TABERNA, coa súa tapa: Pataca da horta.
  • BAR QUINTELA, coa súa tapa: Ramen galego.
  • YEMA, coa súa tapa: Albóndega de cordeiro e sepia .
  • TABERNA TRIAY, coa súa tapa: Roupa vella.
  • LA ESQUINA DE VALENTINA, coa súa tapa: Brioche de atún en pepitoria.

Categoría Tapa Creativa

  • AMA, coa súa tapa: Polbo en tempura con salsa tonnata.
  • COSECHA 81, coa súa tapa: Tataki de Aki.
  • CHIFÁN COCINA, coa súa tapa: Wantan acevichado.
  • INTENSO CORUÑA, coa súa tapa: Eclair de touciño entrefebrado confeitado á carbonara galega.
  • TABERNA TRIAY, coa súa tapa: Donete recheo de cocido, glaseado de queixo do Cebreiro, caramelo de pemento e o seu caldo afumado.

Xurado

  • Claudia Queiruga (La Gula Gourmet)
  • Cristina Alonso (Chegar e encher)
  • Raquel Rosende (Castigada con salir)
  • Simón Calviño y Vivi (Coruña a Bocados)
  • Carlota Fariña (Carlota Fariña)
  • María José Basanta (Laurel y Canela)
  • Sofía Sanesteban y Hugo (La Gastrocrítica)
  • Clara Cea y Mauro Mosquera (Boavista Colective)
  • Azucena García y Sheila Antelo (Guía Michelines)

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

The owner of this website has made a commitment to accessibility and inclusion, please report any problems that you encounter using the contact form on this website. This site uses the WP ADA Compliance Check plugin to enhance accessibility.