A Casa Museo María Pita acolle a exposición \’Os sons internos son a vida das cores\’ de María Maquieira

maría maquieira
\"\"

A artista coruñesa María Maquieira, coa que falamos en Pincha hai uns meses, é a encargada de dar vida á sala de exposicións da Casa Museo María Pita, na Cidade Vella da Coruña, durante o mes de agosto.
Dentro das actividades do VII Ciclo Metropolitano \’Elas Son Artistas\’, e coa colaboración do Concello da Coruña, pódese ver a exposición de debuxos \”Os sons internos son a vida das cores\”. A entrada é libre e as visitas, tanto á exposición como a toda a Casa Museo, é de martes a sábados de 10 a 13 e de 17 a 20 horas.

A inauguración da exposición, que se celebrou o pasado 31 de xullo, foi moi especial xa que contou coa intervención musical dunha amiga de María, Leticia Rey. A artista, á que tamén entrevistamos no último número de Pincha, ofreceu unha breve actuación para poñer o toque musical á obra de Maquieira, coa que comparten moitas inquedanzas e conversas sobre a artes e o que significa nas súas vidas.

\”É unha exposición de debuxo, pero de forma latente está unha procura persoal miña do lugar no que podes atopar a imaxe co son. Non só a través dos códigos da pintura ou do propio trazo, senón mesmo invocando outras linguaxes creativas. A música é tamén dos meus universos favoritos\”, explicou a artista.

Formada en Historia do Arte e en Belas Artes, María Maquieira viviu xa en periodos de formación en Roma, Grecia e Galicia. Ten exposto tanto a nivel individual como colectivo en Polonia, Suiza, Francia, Alemaña, Suecia, Estados Unidos e América Latina.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

The owner of this website has made a commitment to accessibility and inclusion, please report any problems that you encounter using the contact form on this website. This site uses the WP ADA Compliance Check plugin to enhance accessibility.