A Deputación reivindica neste 8M os dereitos das mulleres migrantes

1741338843586

\"\"

O coruñés Circo de Artesáns acolleu as xornadas ‘Retos e resistencias das mulleres migrantes’ co obxectivo de reivindicar as múltiples barreiras que enfrontan no seu proceso de integración social, laboral e cultural e no exercicio pleno dos seus dereitos. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso e a deputada de igualdade, Sol Agra, foron os encargados de inaugurar o encontro, onde destacaron o compromiso da entidade provincial coa “igualdade real e efectiva entre homes e mulleres os 365 días do ano”

“Soñamos co día no que o 8M recordemos que a loita das mulleres durante décadas logrou a igualdade plena e efectiva de dereitos na sociedade de progreso, pero a pesar dos enormes avances aínda hai moito traballo por facer” sinalou o presidente, que tamén destacou “a visión tan aberta” do departamento de igualdade “tendo en conta outras realidades” como a das mulleres migrantes, “que teñen que asumir retos como o de chegar a outro país e incorporarse a unha sociedade tan distinta. Ao que se suma o feito de ser muller e, ás veces, tamén en función da súa orixe étnica se ten que enfrontar a discriminación por raza”. E apuntou que “este triple reto merece adicarlle un 8M”.

Formoso parafraseou a Simone de Beauvoir: “os dereitos das mulleres non están adquiridos definitivamente. Cando hai unha crise política, social ou económica, volven estar en cuestión” e rematou sinalando que “hoxe e os 364 días restantes do ano falemos disto pero fagamos moito, con políticas e discursos moi activos porque é a única maneira de pelexar contra a política de bulos que fomentan a concepción discriminatoria das mulleres e mulleres mediáticas”.

A deputada de igualdade fixo referencia á “triple discriminación” que sofren as mulleres migrantes, “por xénero, procedencia e situación socioeconómica” e expresou que a Deputación da Coruña “é esa administración aliada que promove iniciativas os 365 días do ano para fomentar a igualdade real en todos os estamentos da sociedade”. Por iso, “este ano quixemos poñer o foco na discriminación que sofren as mulleres migrantes para visibilizar as múltiples barreiras que enfrontan no seu proceso de integración e no exercicio pleno dos seus dereitos”. A través desta xornada “queremos dialogar e reflexionar sobre as experiencias, desafíos e estratexias de resistencia das mulleres migrantes na nosa sociedade”.

\"\"

Sol Agra explicou tamén o obxectivo da área de igualdade da Deputación: “colaborar con entidades que xa están traballando no territorio e que coñecen de primeira man as problemáticas das persoas ás que van dirixidas as nosas accións”. “Deste xeito”, engadiu “o apoio político e institucional serve para o que ten que servir: transformar a sociedade e convertela nun lugar amable para todas, porque o feminismo é unha cuestión de xustiza social. Xuntas cambiaremos o mundo”.

Tralas intervencións institucionais deu comezo o encontro, coordinado pola entidade Yarama Africa,  que deseña e desenvolve proxectos sociais e culturais cun importante transfondo social sobre feminismo, antirracismo e compromiso social,  cunha primeira ponencia sobre “violencias invisibles” a cargo de Edith Espínola, activista antirracista e defensora dos dereitos para as traballadoras do fogar e coidados, portavoz de SEOAC e do movemento REGULARIZACIONYA. Posteriormente,  continuaron os relatorios sobre interseccionalidades, diversidade étnica e de xénero con diferentes activistas como Quinndy Akeju, Soledad Lucero, Jeane Costa e Gabriela Frías, rematando co monólogo antiracista e afrofeminista de Asaari Bibang.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

The owner of this website has made a commitment to accessibility and inclusion, please report any problems that you encounter using the contact form on this website. This site uses the WP ADA Compliance Check plugin to enhance accessibility.