A mocidade #Movealingua polo Día dos Medios en Galego

día dos medios en galego
\"\"

Cada 7 de febreiro Galicia celebra o Día dos Medios en Galego. Unha data que lembra a saída da primeira publicación xornalística realizada integramente na nosa lingua. Aló por 1876, Valentín Lamas Carvajal editaba en Ourense \’O Tío Marcos d\’A Portela\’.

Para celebralo, a Asociación de Medios en Galego (AMEGA), coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, organizou un mini festival de música galega contemporánea cos concertos de Grande Amore e Ortiga.

Coas entradas esgotadas practicamente en dúas horas, a Sala Capitol acolleu un ambiente espectacular, no que se demostrou a conexión da rapazada coa música do país, feita na nosa lingua. “Fai máis o que faga Ortiga ou Grande Amore no escenario que o que poidamos dicir todos os políticos sobre a lingua”, apuntaba ben Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística.

Grande Amore puxo a mover a lingua, e o esqueleto, ás 800 persoas que encheron a sala, cos seus ritmos electrónicos e as súas crúas letras. Ver á rapazada cantar a capela “esta pena que a veces teño” foi espectacular.

Ortiga, coa compañía de Cibrán García, o seu alter ego de Boyanka Kostova, sacou a verbena a rodar, convertindo en cumbias grandes mitos da música popular galega, mesmo baixando a cantar co seu entregado público.

140 medios

O evento serviu ademais para que a mocidade da capital galega coñecese de primeira man a existencia de 130 medios que utilizamos a nosa lingua como vehículo. A AMEGA lanzou un vídeo promocional antes de comezar os concertos e os artistas lembraron sobre o escenario a data que celebramos.

A AMEGA está formada a día de hoxe por máis 50 medios, entre os que se atopa a nosa Revista Pincha.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

The owner of this website has made a commitment to accessibility and inclusion, please report any problems that you encounter using the contact form on this website. This site uses the WP ADA Compliance Check plugin to enhance accessibility.