A revista Pincha chega á Coruña coa mellor información gastronómica e cultural

pincha coruña 0.indd

Despois de cinco anos publicando a revista Pincha en Santiago de Compostela, o proxecto chega á Coruña para amosarlles cada dous meses á veciñanza da cidade herculina as mellores ofertas gastronómicas, culturais e de ocio da urbe e dos seus arredores.

Para facelo contamos, ademais do noso equipo habitual de Pincha en Santiago, con tres persoas que se suman á nosa lista de colaboradores e colaboradoras: os xornalistas Javier Pereira Gasamáns e Ana Romero, e a autora do blog \’Gente que cuenta\’, Patricia Dopazo.

Neste primeiro número coruñés, que sae á rúa hoxe, 15 de novembro, analizamos a situación gastrocultural da cidade, con artigos de opinión e entrevistas ao chef Juan M. Crujeiras, a cantautora Silvia Penide, a alcaldesa Inés Rey e o escritor e xornalista Nacho Carretero. Tamén probamos o famoso bocadillo de luras do Quiosco de Down Experience e viaxamos a Madrid da man de dous cociñeiros herculinos nun ‘a catro mans’ espectacular.

\"\"

A partir de agora a revista de gastronomía e cultura Pincha que dirixe Rebeca Munín editará doce números ao ano. Seis deles repartiranse en Santiago de Compostela e os outros seis, na Coruña; en meses alternos.

Cada edición contará con contidos propios locais, ofrecendo as informacións que máis interesen ao público da cada localidade.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

The owner of this website has made a commitment to accessibility and inclusion, please report any problems that you encounter using the contact form on this website. This site uses the WP ADA Compliance Check plugin to enhance accessibility.