Amas da Terra, de Lucía Freitas, e Adrián Espiño, de Bido, entre as persoas premiadas no Galicia Fórum Gastronómico

\"\"

A Coruña despediuse este martes do Galicia Fórum Gastronómico coa entrega dos Premios Picadillo 2024, uns distintivos que recoñecen a traxectoria de profesionais de diversas disciplinas e oficios e o seu labor a favor da gastronomía galega. A concelleira de Turismo, Comercio e Hostalería, Diana Cabanas, foi a encargada da entrega destes recoñecementos.

Nesta ocasión, as distincións recaeron en Ana Gago de Casa Pardo (A Coruña), na categoría Cociña; Clara Luís Domínguez \”Clarita\” do Hostal de la Viuda (A Pobra de Trives, Ourense) en Sala; José Luís Mateo de Quinta da Muradella (Monterrei, Ourense), na modalidade de Viño; a Organización de Produtores do Porto de Celeiro (Viveiro, Lugo) en Mar; o colectivo Amas da Terra da chef compostelá Lucía Freitas en Rural; Airas Moniz de Chantada (Lugo) na categoría de Artesanía Alimentaria; Ricardo Fernández do CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) en Formación e Rogelio Santos, mariñeiro de Porto do Son na modalidade de divulgación.

Outro dos triunfadores desta edición do Galicia Fórum Gastronómico foi Adrián Espiño, xefe de cocina de BIDO. O chef, de 26 anos, gañou o Desafío X Chef Galicia de Cervezas 1906 coa súa proposta “Ravioli de faceiras e rabo de vaca estufados, salsa de oporto e px, queso galmesán” maridada con 1906 BLACK COUPAGE.

A Coruña, referente da gastronomía do futuro

Milleiros de persoas relacionadas co sector da gastronomía, da alimentación e da hostalería citáronse durante tres días na cidade herculina para gozar de degustacións e obradoiros impartidos por cociñeiros de primeiro nivel, así como de produtos da mellor calidade. Actividades que serviron para reforzar a posicionamento da Coruña como unha cidade de referencia para acoller eventos sobre a gastronomía do futuro.

Tamén puideron achegarse ata as instalacións de EXPOCoruña residentes da cidade e turistas amantes da boa cociña e de produtos gourmet. Chefs que suman 27 estrelas Michelín, máis de 200 expositores ou 65 relatores uníronse baixo algún dos sete espazos que albergaron a programación do Galicia Fórum Gastronómico, que contou coa colaboración do Goberno de Inés Rey para contribuír á dinamización do turismo e da gastronomía local; eixes que definen a cultura de vivir da cidade.

Polo auditorio de EXPOCoruña desfilaron varias das figuras máis prestixiosas da cocina coruñesa e nacional como Luis Veira (Árbore da Veira*), ( Xosé T. Cannas (Pepe Vieira** y *verde), Sergio Bastard (La Casona del Judío* y *verde), Lucía Freitas (A Tafona*), Pepe Solla (Casa Solla*), Javier Olleros (Culler de Pau** e *verde), Miguel González (O Pereiro do Aguiar*), David Yárnoz (El Molino de Urdániz** y *verde), Fernando \’Caco\’ Agrasar (As Garzas*), Álvaro Victoriano (presidente de Coruña Cociña y propietario del Grupo Peculiar), Moncho Méndez (Millo) o Quique Vázquez (Terreo).

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

The owner of this website has made a commitment to accessibility and inclusion, please report any problems that you encounter using the contact form on this website. This site uses the WP ADA Compliance Check plugin to enhance accessibility.