As IX Xornadas do Lacón con Grelos “Lacónicas” celebraranse entre o 8 de febreiro e o 3 de marzo

\"\"

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Coruña, Gonzalo Castro, presentou as IX Xornadas do Lacón con Grelos, coñecidas como \”Lacónicas\”, que se desenvolverán entre o 8 de febreiro e o 3 de marzo en 31 establecementos hostaleiros da cidade. O edil estivo acompañado no acto pola concelleira de Turismo, Diana Cabanas. Tamén asistiron representantes de diferentes negocios participantes: La.Con.Fusión (Manuel Souto), Lois (José Álvarez), Central Park (Fernándo Estévez), O Carrusco (Víctor Loureiro), Hünico (David Núñez e Luciana Casavilca) e Rincón del Reino (David Mariño).

\”Por tradición, somos unha cidade que vive estas datas de maneira moi intensa, xa sexa enchendo as rúas de disfraces ou nas casas e restaurantes, gozando dunha boa lacoada\”, indicou Castro durante a súa intervención. O concelleiro destacou que \”desde o Goberno de Inés Rey trabállase da man do sector hostaleiro para ofrecerlles este tipo de iniciativas, que tamén serven para que a cidadanía goce de menús de lacón con grelos a prezos que van dos 20 aos 40 euros\”.

Este evento, organizado polo Concello, contribúe a dinamizar cada ano o Entroido na Coruña e exaltar ao mesmo tempo a riqueza gastronómica desta época. Todos os menús deberán estar elaborados principalmente con produtos galegos e de quilómetro cero. Os menús deberán estar compostos por un primeiro tradicional (sopa ou similar), a lacoada, sobremesa tradicional (filloas e/ou orellas ou postre típico do Entroido) e bebida (auga/refrescos/cervexa/adega de denominación de orixe galega).

Os establecementos que ofrezan servizo a domicilio ou recollida no local deberán ofrecer un servizo sostible con recipientes e materiais respectuosos co medio ambiente (recipientes biodegradables, bolsas de papel etc). Tamén hai establecementos que teñen ofertas especiais para grupos.

Consulta AQUÍ os locais e os menús que poderás degustar nesta edición das \”Lacónicas\”.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

The owner of this website has made a commitment to accessibility and inclusion, please report any problems that you encounter using the contact form on this website. This site uses the WP ADA Compliance Check plugin to enhance accessibility.