Chanel, Nebulossa, Las Ketchup e Mondra, no Atlantic Pride que se celebra do 7 ao 14 de xullo na Coruña

\"\"

Entre o 7 e o 14 de xullo, A Coruña volverá ser a sede do ‘Orgullo do Norte’ para celebrar a quinta edición do Atlantic Pride. Neste 2024, o festival propón oito xornadas de música e celebración ao redor da diversidade sexo-afectiva e de identidade na que promete ser, novamente, nunha das citas imprescindibles do verán no noroeste peninsular. O Atlantic Pride está impulsado pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO- e o Concello da Coruña, co apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio principal de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic.

Na súa quinta edición, estarán presentes as estrelas eurovisivas Nebulossa, Rosa López, Las Ketchup e Lucía Pérez, xunto a figuras que pisan forte na nova escena galega, como Mondra, Sila Lúa, O Rabelo e Nenaza, Catuxa Salom, Lontreira e Amoebo. Na festa deste ‘Orgullo do Norte’ non faltarán, tampouco, as voces de grandes divas como Chanel, Luna Ki e Supremme de Luxe, ademais das drags Nomi Bull, Cloe Savage e Meiga-I.

Eris MacKenzie, Supremme de Luxe e EME DJ serás as figuras encargadas de facer bailar ao público de 20.00 a 00.00h na xornada inaugural do Atlantic Pride este domingo, 7 de xullo, na Fundación Luis Seoane da Coruña. A proposta musical da noite -que promete diversión e autenticidade polos catro costados- dará comezo coa mestura de tradición, electrónica e verbena do produtor e músico galego Eris MacKenzie, mentres que as pinchadas correrá a cargo dunha das artistas máis recoñecidas da escena indie-disco-pop de toda España, EME DJ, que chegará ao Atlantic Pride cos seus remix de himnos, ritmos bailables e moita boa onda. Contra as 22.00h subirase ao escenario a que é, sen dúbida, unha das actuacións máis esperadas desta 5ª edición do ‘Orgullo do Norte’ coruñés: a celebrada e carismática drag Supremme de Luxe, presentadora de Drag Race España e de Drag Race España: All Stars.

Debido á capacidade limitada da Fundación Luis Seoane, o acceso para esta primeira xornada do Atlantic Pride é con invitación. O festival activou o pasado mes de xuño a posibilidade de rexistro para facerse con unha das 300 invitacións dispoñibles, que se esgotaron nunhas horas. As primeiras 300 persoas rexistradas, que teñen o seu lugar na lista de porta, deberán chegar ao recinto antes das 19.45h. Ás 20.10 horas, unha vez rematado o acceso das persoas rexistradas, se houbese baixas, abriranse as portas a todas as persoas que estea na cola ata completar a capacidade total do recinto, polo que os rexistrados \”impuntuais\” perderán o dereito prioritario a acceder.

Programación por días

Domingo, 7 de xullo

Fundación Luís Seoane

● 20.00 – Eris Mackenzie

● 21.00 – Eme DJ

● 22.00 – Supremme de Luxe

● 22.55 – Eme DJ

Luns, 8 de xullo

Praza de Pontevedra

● 20.00 – S. Alma

● 21.00 – O Rabelo e Nenaza

● 22.00 – Meiga-I

● 22.30 – Morreo

● 23.30 – S. Alma

Martes, 9 de xullo

Praza de Pontevedra

● 20.00 – La Suprema

● 21.00 – Filloas

● 22.00 – Cloe Savage

● 22.30 – Lontreira

● 23.30 – La Suprema

Mércores, 10 de xullo

Praza de Pontevedra

● 20.00 – D-Lemma

● 21.00 – Catuxa Salom

● 22.00 – Nomi Bull

● 22.30 – Shego

● 23.30 – D-Lemma

Xoves, 11 de xullo

Xardíns de Méndez Núñez

● 21.00 – Amoebo

● 22.00 – Selena Leo

● 22.30 – Vengaboys

● 23.30 – DJ 90

Venres, 12 de xullo

Xardíns de Méndez Núñez

● 20.30 – DJ Licho

● 21.30 – Sila Lúa

● 22.30 – Nena Daconte

● 00.00 – Luna Ki

● 01.00 – Roi Porto

Sábado, 13 de xullo

Xardíns de Méndez Núñez

● 20.30 – La Eterna

● 21.15 – Mondra

● 22.45 – Nebulossa

● 00.00 – Chanel

● 01.00 – La Eterna

Domingo, 14 de xullo

Xardíns de Méndez Núñez

● 20.30 – Coro Cores

● 21.00 – Entrega de Premios do II Certame literario Atlantic Pride

● 21.30 – Lucía Pérez

● 22.00 – Las Ketchup

● 22.30 – Raúl

● 23.00 – Rosa López

● 23.15 – DJ Flashback

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

The owner of this website has made a commitment to accessibility and inclusion, please report any problems that you encounter using the contact form on this website. This site uses the WP ADA Compliance Check plugin to enhance accessibility.