Chipiróns á prancha en A Chousa d’Abaixo

@juaneat o, en a chousa d’abaixo. foto: iván barreiro

\"@JuanEAT_o,
@JuanEAT_o, en A Chousa d’Abaixo. Foto: Iván Barreiro
[siteorigin_widget class=\”SiteOrigin_Widget_Hero_Widget\”][/siteorigin_widget]

DATOS

Lugar:
Rúa Juan Díaz Porlier, 2 – A Coruña

Pratos:
‘Chipiróns á prancha’

Prezo:
7,50 € media ración / 15 € ración enteira

[siteorigin_widget class=\”SiteOrigin_Widget_Headline_Widget\”][/siteorigin_widget]

Despois de case tres anos visitando A Coruña para coñecer a oferta gastronómica da cidade, era hora xa de que me deixase caer polo barrio de Matogrande.

Alí fun parar a un local rexentado por xente moza, moi amable e profesional. Nótase que tanto Mónica Rodríguez como Alejandro Blanco se esforzan moito por sacar adiante o seu negocio. Os dous tratáronme moi ben, pero quero agradecerllo especialmente a Alejandro, xa que a pesares de ter un día complicado de saúde, aí estivo ao pé do canón atendendo á clientela á vez que faciamos esta reportaxe. A hostalaría nunha será unha profesión fácil!

En A Chousa d’Abaixo ofrecen unha variada carta de cociña tradicional galega, entre eles uns ‘Chipiróns á prancha’ que, segundo nos comentou Mónica, é dos que máis gustan e piden no bar. “A clientela dinos que son moi tenros, están todos brandiños. O segredo está na forma na que os fai Lourdes, a nosa cociñeira, a lume moi forte cun pouco de aceite e cando está a tixola súper quente é cando os bota. Así quedan moi ben feitos e o sabor está moi bo. Ademais de que o produto en si está moi ben, buscamos sempre calidade”, asegura.

Como acompañamento escolleron patacas e unha salsa verde, que ademais de dar cor ao prato, aporta un toque diferente e divertido ao sabor.

As luriñas son deses manxares dos que podemos gozar en Galicia e que non se deberían perder nunca. Por iso é tan importante apoiar proxectos coma este, que aposta por produtos de proximidade e por continuar coa nosa cociña de sempre. Despois deste primeiro ano de andaina, agardo volver moitas outras veces a seguir gozando coa comida de A Chousa!

[siteorigin_widget class=\”SiteOrigin_Widget_Headline_Widget\”][/siteorigin_widget]

Por Rebeca Munín

\"Mónica
Mónica e Alejandro abriron A Chousa d’Abaixo fai un ano en Matogrande. Foto: Iván Barreiro

Fai un ano que Mónica Rodríguez e Alejandro Blanco decidiron lanzarse á aventura de emprender un negocio de hostalaría. Escolleron un local no barrio de Matogrande no que abriron A Chousa d\’Abaixo, especializada en cociña caseira galega. E tan boa está sendo a experiencia que xa están a pensar en poñer en marcha outra!

Que balance facedes do primeiro ano de A Chousa d’Abaixo?

Estamos moi contentos. Ao principio costounos, pero pouco a pouco logramos unha base de clientes importante. Estamos moi contentos co barrio! Pensabamos que viñamos a un lugar complicado, pero ao final estásenos facendo sinxelo. Gústanos moito vir a traballar porque a xente tivo moi boa aceptación con nós.

Por que escollestes esta zona de Matogrande?

Xurdiu a oportunidade de coller este local e non o pensamos moito porque nos parecía moi boa zona. Está o Coliseum ao lado e xusto o ano pasado empezou o Basquet Coruña na ACB e tiramos un pouco por aí. Aos dous nos gusta moito o baloncesto e pensamos en formar unha ‘peña’ do club, televisamos todos os partidos…

Temos ademais a parte da terraza, que é marabillosa. Agora no verán funcionou moi ben.

Ámbolos dous tiñades experiencia en hostalaría, pero este é o voso primeiro negocio propio…

Si, lanzámonos á aventura e funcionou! Estivemos un par de aniños traballando xuntos e convivindo e como nos levabamos moi ben tanto no traballo como na nosa relación persoal, non o pensamos moito. Asumimos o risco. Estivemos un tempo buscando locais, pero todos tiñan traspasos e uns prezos moi altos, ata que apareceu este e tirámonos á piscina! Porque para traballar para outros, mellor facelo para nós.

Que vos gusta desta profesión?

O trato co cliente. Traballar nunha oficina non é o mesmo que poder ver á xente todos os días e que teñas un trato diario, de barrio.

En que consiste a vosa oferta gastronómica?

Facemos cociña clásica galega. Temos orella, morro, raxo, ensalada de lagostinos… Os domingos triunfan moito os nosos callos. Temos que darlle ás grazas á nosa cociñeira, Lourdes Deus, porque nos axudou a subir bastante o nivel da nosa cociña.

Que pratos son os máis demandados?

Pois ademais dos que xa comentamos, os chipiróns á prancha e o bocadillo de luras, que empezamos a facer hai pouco e que están saíndo moitísimo!

En canto ás sobremesas, son todas caseiras. Temos unha torta de queixo que está moi boa, a da avoa, que está espectacular; filloas recheas, unha ‘torrija’ de brioche que é incrible…

Temos unha cociña pequena, pero que dá para moito. E con prezos populares, porque vimos que facía falta algo así no barrio: cociña caseira, con bo produto e prezo.

Superado xa o primeiro ano, en que estades pensado para o futuro?

En ampliar a carta, seguir mellorando o servizo e se puideramos abrir outra Chousa, sería xenial.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

The owner of this website has made a commitment to accessibility and inclusion, please report any problems that you encounter using the contact form on this website. This site uses the WP ADA Compliance Check plugin to enhance accessibility.