Deberíamos subirnos ao tren do amor en febreiro?

[siteorigin_widget class=\”SiteOrigin_Widget_Image_Widget\”][/siteorigin_widget]

Tanto se che gustan como se non as comedias románticas e os grandes xestos, San Valentín (xunto con moitas outras datas comerciais) xa hai moitos anos que salta á vista en calquera calendario como una oportunidade para potenciar o romanticismo pero tamén as vendas de moitas empresas. Mais se o pensamos a nivel estratéxico, realmente todas as marcas deberían sumarse a esta celebración?

Está claro que o día de San Valentín pode ser un bo empurrón para negocios de hostalería, moda, gastronomía ou mesmo escapadas románticas. Deseñar experiencias únicas ou lanzar promocións exclusivas pode atraer a moita xente. Con todo, tamén debemos preguntarnos: encaixa isto coa personalidade e valores da nosa marca?

Un erro común é pensar que porque todo o mundo o fai, ti tamén tes que facer algo. Pero coidado, porque una acción que se perciba como forzada pode saír cara. Por exemplo, se o teu negocio se posiciona como sostible e respectuoso co medio ambiente, como quedaría lanzar promocións masivas de produtos que fomenten o consumo impulsivo? Incoherente, verdade? Pola contra, podes decidir apostar por experiencias aliñadas con estes valores ou cun impacto positivo, favorecendo a coherencia do teu discurso, no canto de destruílo.

Desde o noso estudo de comunicación, xa falamos en varias ocasións de que o público actual xa non merca calquera cousa, nin de calquera xeito. Cada vez detecta mellor que campañas nacen dende a autenticidade, e cales son simples intentos de subirse a unha moda só por fins comerciais. Así que, antes de tirarte de cabeza ao 14 de febreiro, faite dúas preguntas: esta acción conecta realmente coa miña clientela? Reforza os valores da miña marca? Se a resposta non é clara, quizais sexa mellor pasar de longo e buscar outras datas para xerar oportunidades de venda.

Pero ollo! Moitas veces un bo discurso, pode salvar o concepto. Se o teu proxecto encaixa dentro do marco das experiencias, o compartir, o amor, os coidados… Estás de sorte! Podes aproveitalo deseñando experiencias, menús especiais, packs exclusivos ou colaboracións creativas que te diferencien da competencia.

Lembra: non todas as historias de romance están feitas para todos os negocios, pero cada negocio ten a súa propia historia que contar.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

The owner of this website has made a commitment to accessibility and inclusion, please report any problems that you encounter using the contact form on this website. This site uses the WP ADA Compliance Check plugin to enhance accessibility.