Desliza á dereita, pero queda comigo

Foto: Iván Barreiro

Por Cata Mosquera | Uxía Blanco de Lenzo Estudio

[siteorigin_widget class=\”SiteOrigin_Widget_Image_Widget\”][/siteorigin_widget]

Chega o verán e con el as ganas de terraciña, vermú, concertos, novas experiencias con amigos, e xa estamos preparándonos para unha etapa de moito traballo pero… na Coruña hai tantas opcións cada semana que… como vou facer que me atopen e escollan o meu negocio entre tanta opción?

É un feito, estamos sobresaturados de estímulos e a información flúe tan rápido que o que hoxe é a máxima tendencia, mañá xa está esquecido. Por iso, hoxe en día máis que nunca, labrar unha reputación de marca sólida é quizais a parte máis importante da comunicación. Isto non só afecta a percepción do público sobre o teu negocio nun momento particular, tamén inflúe directamente no seu éxito a longo prazo, e por iso debemos coidar cada detalle.

Como no noso estudo nos gusta materializar as cousas e facérvolo sinxelo, dámosvos uns puntos para ter en conta, que aínda que parezan obvios, a miúdo se pasan por alto nos momentos máis frenéticos da tempada.

A túa comunicación sempre debe ser efectiva
Imaxina un restaurante que adoita ter unha atención fantástica, en pleno sábado noite e con toda a sala completa, pero… os pratos empezan a saír moi tarde, erroneamente ou esgótase o seu producto estrela. A forma na que o persoal manexe estas situacións pode resultar nunha mellor consideración do negocio, ou nunha mala reseña en internet, que resultará moi difícil de remontar. Que o persoal estea atento ao que está a pasar, dea alternativas, ou se desculpe xenuinamente cando as cousas non están a saír tan ben como deberían aporta máis valor á túa marca.

Ten un plan para xestionar as crises en tempo real
Cando xorde un imprevisto ou unha emerxencia, dar unha resposta rápida e coordinada é esencial. Para iso, debemos ter un plan estratéxico que responda a “que é o peor que pode pasar? E se sucede: quen responde? Como se xestionaría?”. Dedicar algo de tempo en formar ao noso equipo completo para que poidan responder con calma, seguridade e eficacia en situacións delicadas ou estar pendentes dos comentarios e críticas que recibamos e contestalos con cabeza (aínda que moitas veces sexa necesario pararse a respirar…), axudará a transmitir unha mesma mensaxe de compromiso coa calidade, pase o que pase.

Xera confianza a longo prazo
Construír e manter a confianza do cliente non é cousa dun día. A transparencia na comunicación debe ser constante, e non só cando se fagan as cousas ben. Os clientes valoran aquelas marcas que se esforzan por mellorar e crecer, buscando asesoramento cando o necesitan.

En definitiva, a reputación de marca é como unha relación de parella: pode empezar moi ben por un golpe de sorte, pero sen esforzo, empatía, constancia e dedicación… moi rapidamente poden bloquearte do seu corazón (ou moito peor, de favoritos en Just Eat).

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

The owner of this website has made a commitment to accessibility and inclusion, please report any problems that you encounter using the contact form on this website. This site uses the WP ADA Compliance Check plugin to enhance accessibility.