Estas son as oito tapas finalistas do XX Concurso Picadillo

\"\"

A XX edición do Concurso de Tapas Picadillo, promovido polo Concello da Coruña coa colaboración de Estrella Galicia, Cash Record e a Asociación de Celíacos de Galicia, xa ten finalistas. O xurado profesional seleccionou as creacións de oito dun total de 44 establecementos de hostalería da Coruña que optaban á mellor tapa da cidade. En total, 52 propostas gastronómicas das que se seleccionaron 10 como propostas de tapas finalistas, escollidas por persoas expertas do sector da gastronomía: cinco na modalidade \’Tapa Creativa\’ e cinco na de \’Receitario Picadillo\’.

Na primeira categoría, os locais e tapas seleccionadas son: MALTE Atochas cun \’Falso risotto de chacina, berberecho e crema de foie-gras\’; a Taberna Triay coa tapa \’Triay Wonka\’; o restaurante Intenso cos \’Ovos recheos Galicia-Japón\’; AMA Italiana Contemporánea cun \’Ravioli recheo de ceboleiro e dátil\’ e o restaurante La Conquista coa tapa \’Falso xeado de cebiche\’.

Na modalidade \’Receitario Picadillo\’ sobresaíron La Sifonería Gastrobar co seu \’Polo en pepitoria\’; MALTE Atochas coa súa proposta \’Chapata de orella de porco con chutney de tomate picante\’; Taberna Triay co \’Buñuelo \”a la vista\”; MALTE Galera e o seu \’Korokke galego\’ e o Bar Quintela coa tapa \’Orella crunchi\’. Malte Atochas e Taberna Triay contan con dúas tapas finalistas ao participar en ambas as dúas modalidades. As tapas gañadoras daranse a coñecer na entrega de premios que terá lugar o vindeiro 13 de decembro.

Picadillo é o concurso de tapas máis antigo de Galicia. Este ano chega á súa vintena edición, coindicindo co 150 aniversario do nacemento de Manuel María Puga y Parga \’Picadillo\’, escritor, gastrónomo e político que escribiu en 1905 \’La cocina práctica\’. O Goberno de Inés Rey apoia a iniciativa como reforzo do posicionamento da Coruña como destino gastronómico.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

The owner of this website has made a commitment to accessibility and inclusion, please report any problems that you encounter using the contact form on this website. This site uses the WP ADA Compliance Check plugin to enhance accessibility.