Grandes artistas do techno reuniranse o 31 de maio en Miño no marco do Mar NDMBL Festival

\"\"

Mar, sol e techno son os ingredientes que definen ao \’Mar NDMBL Festival\’, un evento que une a enerxía da música electrónica coa maxia dunha contorna natural única. Tras o éxito rotundo da primeira edición celebrada no 2024, o Mar NDMBL volverá o vindeiro 31 de maio cunha proposta renovada para superar todas as expectativas. No porto de Miño, rodeado de praias e co sol poñéndose sobre o mar, o festival consolídase como un referente en Galicia, atraendo tanto á comunidade local como a visitantes de toda España e máis aló.

Caravel, Cristian Varela, Marco Bailey, Ramiro López, Spartaque e Xenia son algúns dos artistas que estarán presentes na II edición do festival. Isma B, Karras Martínez, Mury e Saraiba completan o cartaz deste 2025.

As entradas están á venda a través do soporte online WOUTICK. Podes acceder a través desta ligazón.

Mar NDMBL celebrarase no porto de Miño, coa costa como escenario para que o festival consiga a fusión perfecta da música electrónica de vangarda coa serenidade da contorna mariña. Unha localización privilexiada onde reunirán a 2000 persoas para gozar do sol poñéndose sobre o mar ao ritmo do techno.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

The owner of this website has made a commitment to accessibility and inclusion, please report any problems that you encounter using the contact form on this website. This site uses the WP ADA Compliance Check plugin to enhance accessibility.