Kate Ryan, Rodrigo Cuevas, Omar Montes, Ariel Rot e Budiño, nas Festas de María Pita 2024

\"\"

A alcaldesa, Inés Rey, presentou a programación completa das Festas de María Pita 2024, que contarán na súa xornada inaugural co pregón de Lucas Pérez, capitán do Deportivo, e coa actuación musical de Kate Ryan. A rexedora estivo acompañada polo concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, e polo autor do cartel desta edición, o artista Javier de la Rosa.

\”A Coruña vivirá un mes enteiro de festas, algo ao alcance de moi poucas cidades\”, indicou a alcaldesa. \”Cumplimos coa nosa tradición de ser a cidade máis festeira de Galicia cunha programación para todos e todas as coruñesas\”, engadiu. A praza de María Pita será o gran escenario destas festas coa celebración nela das Noites de María Pita, o Festival Internacional de Folclore, a Semana Clásica e o Festival de Habaneras.

Tal e como sinalou Inés Rey, as Noites de María Pita \”contarán con actuación de todos os estilos e para todos os públicos\”, comezando coa cantante belga Kate Ryan. O día 2 estarán Mocedades e Los Panchos, o día 3, Los Planetas, o día 4, Rock en Familia, o día 5, Omar Montes e o día 6 o festival Locos pola Música, con Modestia Aparte, Los Toreros Muertos, Amistades Peligrosas, OBK, Un Pingüino en mi Ascensor e Hechizo (Homenaje a Héroes del Silencio). Tras un paréntese pola celebración do Festival Noroeste Estrella Galicia, cuxo cartel se dará a coñecer este venres, as Noites de María Pita regresarán o 12 de agosto con La Plazuela. O 13 actuará Ariel Rot e o 14 pechará esta edición Budiño, cun concerto especial con varias colaboracións.

Do 7 ao 11 de agosto a praza de María Pita acollerá o Festival Internacional de Folclore e, do 17 ao 20 de agosto, terá lugar a Semana Clásica, con actuacións da Orquestra Sinfónica de Galicia, da Banda Municipal de Música, da Orquestra GAOS e da Orquestra de Cámara Galega. Serán actuacións especiais, con diferentes colaboracións e repertorios especiais. No caso da Banda Municipal presentará \’A Noite das Cancións Extraordinarias\’, cunha selección de cancións que triunfaron na Coruña en diferentes épocas realizada por Xurxo Souto e coas voces principais de Paco Lodeiro e Rosa Cedrón. De novo, nas Festas de María Pita haberá espazo para a tradición co Certame de Habaneras, que se celebrará do 21 ao 25 de agosto na praza de María Pita.

Romaría, Viñetas, Teresa Herrera e moito máis

Desde o Goberno de Inés Rey tamén se quixo potenciar a Romaría de Santa Margarida, unha das mellores citas de baile e música tradicional, que este ano contará cun concerto especial de Rodrigo Cuevas o xoves 29. Será unha actuación de pago e as entradas xa están á venda. O venres 30 haberá un concerto especial de Trilitrate no Planetario da Casa das Ciencias e á noite será a Gran Noite do Folclore, coas asociacións tradicionais da cidade. Ademais, o sábado 31 e domingo 1 de setembro estarán formacións como Xabier Díaz, Xurxo Fernándes ou Startijenn.

Haberá, como cada ano, unha nova edición da Feira do Libro e do Libro Antigo, así como o festival Viñetas desde o Atlántico. Tamén se celebrará o trofeo Teresa Herrera de Fútbol, que terá lugar os días 9 e 10 de agosto en Riazor, recuperando na súa sección masculina o formato de cuadrangular con Deportivo, Leganés, Real Oviedo e Unionistas. Na sección feminina, o Dépor ABANCA enfrontarase ao Athletic de Bilbao.

Os barrios tamén serán protagonistas estas festas con festexos en Oza-Gaiteira-Os Castros, Eirís, Castrillón, Sagrada Familia e Novo Mesoiro. Ademais, o programa Cascarillarte volverá a encher os diferentes barrios con actuacións para todos os públicos entre o 12 e o 30 de agosto. Por último, a Batalla Naval, que este 2024 cumpre 40 anos da súa primeira celebración, será o venres 16 de agosto na enseada do Orzán, como todos os anos. O concelleiro Gonzalo Castro agradeceu o apoio da Xunta, a través de Turismo de Galicia, para a organización desta edición das festas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

The owner of this website has made a commitment to accessibility and inclusion, please report any problems that you encounter using the contact form on this website. This site uses the WP ADA Compliance Check plugin to enhance accessibility.