O agasallo perfecto en Vinos Arana

vinos arana está na rúa coruñera rúa galera. foto: adrián baúlde

Por Patricia Dopazo de Gente que cuenta

\"Vinos
Vinos Arana está na rúa coruñera rúa Galera. Foto: Adrián Baúlde

Que lle agasallo? Será a pregunta máis recorrente de todos nestas próximas datas. Teño que confesar que me gusta máis dar que recibir e, á hora de recibir, prefiro os momentos e o tempo.

“Corriendo un tupido velo”, unha frase roubada a un gran profesor de literatura dos meus anos de estudante no instituto, vou deixar de lado as percepcións persoais sobre estas celebracións e sacar o meu espírito do Nadal. Non son do clan do Grinch, non penses que os tiros van por aí.

A xenerosidade, a bondade, a empatía, o amor, a paz… todos estes principios e fundamentos parécenme marabillosos e algo que quizais se esqueza entre tanta présa, estrés e cousas do facer diario. Logo chegan estes días e boom! Lembramos que o mundo precisa da nosa humanidade.

Dar significa entregar algo a alguén, sen recibir nada a cambio, como mostra de cariño ou consideración. Unha forma marabillosa de conectar, vincular, mostrar sentimentos e gratitude. Pero… sabes a orixe de por que se agasalla no Nadal? Este costume remóntanse á combinación de diferentes celebracións e simbolismo ao longo da historia.

Os romanos celebraban as festas Saturnalia nas que intercambiaban todo tipo de agasallos. Esta tradición perdurou ata a actualidade pola súa importancia na creación de lazos sociais. Estas festas comezaban o 17 de decembro e duraban unha semana. Conmemoraban a Saturno, deus da agricultura e da colleita. O cristianismo adoptou os costumes e estableceu a data do nacemento de Cristo o 25 de decembro. En todas non faltaba comida, bebida e agasallos.

E que lle agasallo? Podería facer unha lista infinita de recomendacións, pero quedo cunha e é unha botella de viño. Sentimentos, cultura, historia, tradición, valores, traballo, amor… Son moitos os factores que me levan a ela. O viño é algo que une, comunica e que esta cheo de  sentimentos. É historia gardada nunha botella e é historia que se pode facer grazas a ela. Creador de momentos e vínculos. É difícil esquecer unha boa conversa compartindo unha botella de viño. O seu forte valor simbólico facilita a miña preferencia.

En Coruña temos a sorte de contar con Vinos Arana, unha tenda especializada en viño. Patxi seguro que atopará o viño perfecto para a ocasión ou persoa. Situado en pleno centro da Coruña, rúa Galera 41, aquí atoparás unha ampla e variada selección de viños e un asesoramento único, profesional e honesto.

Regalar viño sempre será un acerto.

Que é Arana e unha frase que a defina.
Unha tenda de viños. A atención.

Cando naceu e que a fai diferente.
Nace no ano 2017. O que o fai diferente é o espazo para mirar os viños sen présa.

Por que viño? Fálanos dese vínculo.
Gústame o viño dende pequeno, o meu paso pola hostalería e a curiosidade fixeron o resto.

Que referencias, estilos, tipos de viños podemos atopar?
Hai moitas referencias! Estilos, tamén. A metade da tenda é Galicia e a outra, o resto do país.

Que cres que caracteriza un bo servizo na venda de viño, por que é importante?
Para min o máis importante é escoitar. Sen iso, xa tes tendas en liña.

Como definirías os gustos da clientela coruñesa, o que máis lle gusta e o que menos lle gusta?
O gusto tende a variar máis pola idade que, polo estándar, é máis ben clásico; pero a mocidade está máis aberta á variación.

Cales son os gustos da clientela estranxeira?
Adoita gustarlle o viño galego e chámalle a atención que os bares ofrezan primeiro outros viños.

O viño dáse de agasallo? Que prima nas eleccións?
Moito! O que prima é que sexa unha marca recoñecible.

Algunhas anécdotas curiosas durante este tempo.
Unha anécdota recorrente é que moitas veces me preguntan por que lle engaden tanta froita ao viño…

Que opinas do sector na actualidade?
Pola miña banda, diría que sobre o viño se dá un discurso moi técnico e se espera que o consumidor se interese pola xeoloxía ou a química, cando só quere viño.

[siteorigin_widget class=\”SiteOrigin_Widget_Image_Widget\”][/siteorigin_widget]

A metade das referencias de Vinos Arana son de Galicia e a outra metade, do resto de España. Foto: Iván Barreiro

“Á clientela estranxeira gústalle o viño galego e chámalle a atención que nos bares ofrezan primeiro outros”

RECUNCHO PERSOAL

Un lugar.
Na montaña coa bici.

Un sabor.
A améndoa.

Un cheiro.
A mar.

Un restaurante.
Jaleo.

Unha uva.
Sousón.

Unha comarca ou DO.
Ribeiro.

Algo que non pode faltar na túa vida diaria.
O café.

Unha referencia.
As adegas do meu avó.

Unha palabra.
Amor.

Unha canción.
‘Heroes’ de David Bowie.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

The owner of this website has made a commitment to accessibility and inclusion, please report any problems that you encounter using the contact form on this website. This site uses the WP ADA Compliance Check plugin to enhance accessibility.