O ciclo \’Coa Nosa Voz\’ levará a Guadi Galego, Antía Muiño, Uxía e Ugía Pedreira en xuño ao Teatro Colón

coa nosa voz 1

\"\"

A área de cultura da Deputación da Coruña promove o ciclo \’Coa Nosa Voz\’, que se celebrará no Teatro Colón os días 2, 9, 23 e 30 de xuño, e acollerá as actuacións de Guadi Galego, Antía Muiño, Uxía e Ugía Pedreira. As entradas poderán retirarse, de balde, na páxina web de ataquilla.com. Así o anunciou a deputada de cultura, Natividade González, acompañada das catro artistas que protagonizan o cartel, “catro voces moi diversas, de diferente procedencia, xeracións, e estéticas, pero todas elas mulleres de referencia no panorama da música galega e nacional”, apuntou.

Os concertos celebraranse durante catro domingos e comezarán o día 2, ás 20h, co de Guadi Galego, que presentará o seu disco ‘Síntese Horizonte’; continuarán o 9, tamén ás 20h, co de Uxía e o seu traballo ‘Santa liberdade: un soño compartido’; o día 23, ás 19h, co de A Pedreira e ‘Basal’, e rematarán o día 30 con Antía Muíño, e o seu último álbum, ‘Carta Aberta’.

Este ciclo nace para poñer en valor a ‘canción de autora’, “conscientes da calidade que hai nestes últimos anos, que non se corresponde coa cantidade de espazos que hai para exhibila” sinalou a deputada. “Queremos visibilizar a canción de autora en galego, celebrar a diversidade, a calidade e o talento de mulleres como elas, que nos enriquecen, nos ensinan e levan a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa música por escenarios de todo o mundo”.

Guadi Galego realizará un “espectáculo pensado para teatros pola luz, a escena e a atención”, que requiren “un espazo afectivo e reflexivo”. Ademais, afirmou, “é importante que os teatros se abran á música”, e agradeceu á Deputación este ciclo, “que nos abre espazos como o Colón aos que, moitas veces, é difícil chegar”. E, rematou, “é importantísimo que un país que se sinte vivo, que ten unha lingua viva, compoña dende a actualidade coas necesidades propias da sociedade”.

Pola súa parte, Uxía sumouse ao agradecemento “por facer un ciclo tan acaido con voces de muller ás que quero e admiro” e amosouse “feliz de participar neste programa interxeracional”.

Ugía Pedreira apuntou que se trata dun “ciclo necesario, urxente, xusto e importante” como “creadoras da nosa vida e obra” e que, ademais, “promove o relevo xeracional”. No seu  caso, “antes de saltar a fogueira de San Xoan imos facer un aquelarre, con convidados como Guadi Galego, cun espectáculo único, de comunidade e coreografía social”.

E, por último, Antía Muíño dixo sentirse “afortunada” xa que “non se ofrecen tanto espazos como o Colón: un templo da cultura e da arte” e tamén “feliz de compartir cartel con elas, mulleres referentes, e de continuar ese camiño que elas abriron”. ·

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

The owner of this website has made a commitment to accessibility and inclusion, please report any problems that you encounter using the contact form on this website. This site uses the WP ADA Compliance Check plugin to enhance accessibility.