O ciclo TRC Danza arrancará o 19 de abril coa estrea de Anöa de Elvi Balboa no Teatro Rosalía de Castro

\"\"

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade da Coruña, Gonzalo Castro, presentou a programación do ciclo TRC Danza de Primavera e Outono, que está composto dun total de 13 obras contemporáneas que se representarán entre abril e novembro no Teatro Rosalía de Castro, agás unha delas, de contido infantil, que terá lugar no Fórum Metropolitano. Castro estivo acompañado por Jacobo Sutil, director do Agadic, e polo director do Rosalía, Paulo Rodríguez.

\”O Goberno de Inés Rey volve apostar un ano máis por unha programación de danza de primeiro nivel, que volverá a un dos escenarios máis prestixiosos de Galicia como é o do Teatro Rosalía de Castro\”, indicou Gonzalo Castro. A programación de TRC Danza divídese nas temporadas de primavera, con oito funcións, e de outono, con outras cinco.

TRC Danza comezará o vindeiro venres 19 de abril coa estrea absoluta de \’Anöa\’, de Elvi Balboa. Neste mes de abril realizaranse outras dúas sesións: \’Multiperspectivas#2\’, o venres 26 de abril, e \’É difícil fotografar o baleiro\’, o sábado 27. En maio realizaranse as outras cinco funcións desta parte do programa, mentres que o ciclo de outono comezará en setembro. Pódese consultar aquí o programa completo.

Todas as funcións se representarán ás 20.30 horas e haberá, tal e como se indica no programa completo, dous prezos: unha de 12 euros e outra de 8 euros. Haberá tamén a posibilidade de adquirir abonos e bonificacións para diferentes colectivos, como é habitual. As entradas e abonos xa están á venda en Ataquilla e nos despachos de billetes da praza de Ourense e do propio Teatro Rosalía de Castro. Coa organización do TRC Danza colaboran o circuíto estatal Danza a Escena e Agadic.

Proxecto de mediación cultural

Desde o ano 2014 o Teatro Rosalía Castro acompaña o seu programa anual de danza TRC Danza cun proxecto innovador de mediación cultural e programación expandida. Este proxecto articula mecanismos de relación entre as e os artistas convidados e a cidadanía da Coruña coa intención de xerar un contexto na cidade que poña en valor a danza e as artes do movemento. A través de diferentes actividades, pensadas en colaboración con distintas comunidades e colectivos da cidade, poderemos coñecer de forma máis profunda os universos artísticos das compañías convidadas así como reforzar os seus vencellos coa nosa cidade. Colaboran co Concello nesta iniciativa o Centro Coreográfico Galego e o Agadic.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

The owner of this website has made a commitment to accessibility and inclusion, please report any problems that you encounter using the contact form on this website. This site uses the WP ADA Compliance Check plugin to enhance accessibility.