O Soho Orzán celebra o seu III aniversario con arte, animación e o II Concurso de Petiscos

\"\"

O sábado 8 de novembro a zona do Soho do Orzán encherase de sabor, cor e creatividade coa nova edición de Feirarrúa, organizada pola Asociación Soho Orzán, en colaboración co Concello da Coruña. Celébrase así o terceiro aniversario desta feira cunha xornada que combina gastronomía, arte e actividades para toda a familia.

II Concurso de Petiscos

A Revista Pincha colabora coa Asociación Soho Orzán na organización do II Concurso de Petiscos. O público poderá gozar dunha ruta doble de degustación: Ruta Salgada, na Praza Cormelana (de 12:00h a 16:30h), e Ruta Doce, dende Praliné (rúa Orzán 150) ata a Praza de Vista (de 12:00h a 20:00h). Os petiscos terán un prezo único de 3,50 euros.

Un xurado formado por Diana Sobral Cabanas, concelleira de Emprego, Comercio e Mercados do Concello da Coruña; Pablo Gago, gañador da I edición do concurso; Borja López Cotelo, representante da Asociación Soho Orzán; Antía Yuste, profesora de cociña e gastronomía do CIFP Paseo das Pontes; e Carlota Fariña, xornalista e creadora de contido gastronómico, elixirá o Mellor Petisco Salgado e o Mellor Petisco Doce. A entrega de premios será a partir das 17h na Praza Cormelana / Ese Sitio (r/ Orzán 194 baixo)

Competirán por estes galardóns na ruta salgada: Yebra (Lentejas al curry), A Capela (Salmón curado en agua de mar), La Lengua de la Suegra (Barquilla de lengua estofada con arroz/puré), A Espiga (Esmagao\’ de orella de porco crocante, queixo afumado, berza frita e chimichurri picantón), Pablo Gallego (Bocadillo de milanesa con salsa “Gravlax”), Toloache (Bocoles tuxpeños), A Chousa de Abaixo (Bocata de calamares de la ría con salsa A Chousa), Miña Nai (Ensaladilla de langostino), Ártabro Brioche (Brioche de langostino e aguacate con salsa mayosiracha e esferas de salmón) e A Empanadería (Empanada de chipiróns con cebola caramelizada)

En canto ao premio doce, loitarán por el Dulces Sueños (Tiramisú de Lotus), Pan e Canela (Taco doce), Pistachio Pastel (Macaron), O Pettit (Tarta de queixo) e Praliné (Profiteroles Soho).

Mercado de Arte e Área Infantil

De 12:00h a 20:00h haberá mercado de arte local e exposicións na zona peonil do Orzán, coa participación de artistas como: Dime Plaga · Gisela Galván · Moai Diseño · Begoña Pastoriza · Cris Alborja · Antón López Bazarra · Mhaseba · Xulia Weinberg · Estefanía e Miriam Domínguez Cagigao · Cándida Malicia

A zona infantil, situada tamén entre Praliné e a Praza de Vista, contará con actividades e obradoiros en dous turnos: de 12:30h a 14:00h e de 17:00h a 19:30h.

 

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

The owner of this website has made a commitment to accessibility and inclusion, please report any problems that you encounter using the contact form on this website. This site uses the WP ADA Compliance Check plugin to enhance accessibility.