Soho Orzán organiza o I Concurso de Petiscos no Feirarrúa que se celebrará o 5 de outubro

\"\"

Se tes un establecemento de hostalaría, tenda, pastelaría ou de alimentación en xeral, podes participar no I Concurso de Petiscos organizado pola Asociación Soho Orzán, coa colaboración do Concello da Coruña e a FUCC (Federación Unión Comercial Coruñesa). O certame celebrarase durante o evento Feirarrúa Gastro&Arte que se desenvolverá o 5 de outubro na rúa Orzán (zona peonil), Praza José Sellier e Praza Cormelana da Coruña. O horario de servizo dos bocados será de 13.00 a 19.30 h ou só en quenda de tarde para aqueles negocios que así o precisen.

Cada establecemento participará cun petisco que pode ser doce ou salgado. Ten que ser, iso si, en formato de comer \”coas mans\”, é dicir, en forma de bocadillo ou utilizando material refugable como unha barqueta, un escarvadentes, un cornete, blonda, etc. Terán un prezo que non superará os 3,5 euros/unidade.

Un xurado profesional valorará todas as propostas en función da súa presentación, orixinalidade, sabor, material de proximidade e outros aspectos técnicos. Haberá un único petisco gañador, salvo que o xurado considere outras opcións, que recibirá unha comida/cea para dúas persoas no restaurante O de Alberto, unha peza artesanal de cerámica de Giovanna Lopalco e o cullerón de madeira do concurso.

O público tamén outorgará un premio votando a través dunhas banderiñas que levarán os petiscos e que se depositarán nunha urna de votacións.

A entrega de premios será ás 20.30 h.

Como inscribirse? 

A participación neste concurso está aberta a todos os establecementos de Galicia e é gratuita. Solicitarase praza e posteriormente se seleccionarán, con criterio de variedade, os participantes. A organización disporá dunha mesa (de 120×60 cm) na que servir os petiscos. Os establecementos só teñen que levar o material de comida e avisar previamente no caso de precisar corrente.

Para inscribirse, cómpre enviar un correo electrónico a feirarrua.soho.orzan@gmail.com indicando: nome do establecemento, modalidade de petisco (doce ou salgado), nome do petisco e en que consiste. Tamén as redes sociais e/ou web do local. A organización fará unha selección porque as prazas son limitadas e comunicará por correo electrónico aos locais elexidos a súa participación.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

The owner of this website has made a commitment to accessibility and inclusion, please report any problems that you encounter using the contact form on this website. This site uses the WP ADA Compliance Check plugin to enhance accessibility.