Xente Pincha

As persoas que fan posible a túa revista

foto de Jéssica Pintor

Jéssica Pintor

Sabedes aquelo de “Como coñecín a vosa nai?”, pois a resposta é, claramente: Nun bar! Porque TODO pasa nos bares…

A miña obriga como xornalista é encher o peto de ‘chismorreos’, novidades, de nomes de cociñeiras, de aventuras cos camareiros e hosteleiros de Santiago. Aquí escribirei sobre pratos estrela ou estrelados, sobre reducións, emulsións, espumosos e o que me boten! Vides?

foto de @JuanEAT_o

@JuanEAT_o

Juan Vázquez leva ao seu alter ego @JuanEAT_o a probar os mellores pratos dos restaurantes de Santiago e A Coruña na sección #apapar

Cal será o seu veredicto?

Preme na imaxe para ler os seus artigos.

foto de Silvia Castiñeiras

Silvia Castiñeiras

A xornalista e comunicadora compostelá Silvia Castiñeiras cóntanos as historias dos seus veciños e veciñas, a través de entrevistas e reportaxes que, como non podía ser doutro xeito en Pincha, sempre teñen un toque gastronómico e/ou cultural.

Preme na imaxe para ler todos os seus artigos.

foto de Crusat & Costas

Crusat & Costas

José Crusat e Lorena Costas dannos a súa visión dos viños galegos, contando desde a súa orixe, ata as súas características e con que maridan.

Atréveste a ir de cata con eles?

Preme na imaxe para ler os seus artigos.

foto de Xiana Lastra

Xiana Lastra

Espazo dedicado a todos os amantes da música aos que lles guste saber que senten os artistas, como traballan, se forman…

Un recuncho de entrevistas que tratan de ir un pouco máis “ao fondo” da personalidade dos grandísimos músicos que temos no noso país, realizadas pola xornalista e vocalista de A Banda da Loba, Xiana Lastra.

foto de César Varela

César Varela

O crítico musical César Varela escribe 666 RPM, unha sección na que dá a coñecer aos lectores bandas da nosa cidade que están de actualidade e que traballan desde o subterráneo.

Tamén fala de eventos musicais e culturais que teñan lugar en Compostela.

Varela está a preparar un libro sobre a Historia do Rock Compostelán (1974-2007).

foto de Ruth Ríos

Ruth Ríos

Na sección ‘De libros’ falamos de libros e tamén de quen os escribe.

Ruth Ríos entrevista a escritores e escritoras disposta a coñecer todo o que nos queren transmitir coas súas obras.

foto de Javier Pereira Gasamáns

Javier Pereira Gasamáns

Reparto o meu tempo entre a libraría coruñesa de segunda man Arcadia e o bar que comparto con dous bos amigos (Siglo).

Cando non estou poñendo copas ou recollendo libros, tento descubrir algunha nova banda, ou desfrutar dun bo libro ou un bo filme. 

Ocasionalmente xunto algunhas cantas verbas para quen mo pide.

foto de Sandra Rego

Sandra Rego

A xornalista Sandra Rego achéganos á actualidade gastronómica e cultural da Coruña, con entrevistas en profundidade e reportaxes a pé de rúa na cidade herculina.

Preme na imaxe para ler os seus artigos.

foto de Cata Mosquera e Uxía Blanco

Cata Mosquera e Uxía Blanco

Na sección ‘O consello de Lenzo’ Uxía e Cata, de Lenzo Estudio, nos dan ideas para axudar aos lectores e lectoras da revista a sacar partido á súa comunicación. “Queremos amosarlles a cara máis amable do márketing, que non o entendan só como publicidade e que non sexa o que deixan para o que sobra de orzamento a fin de mes, porque nunca sobra! Porque que hai máis importante no teu negocio que o teu produto ou servizo chegue ben aos teus clientes?”.

foto de Patricia Dopazo

Patricia Dopazo

Son a creadora de www.gentequecuenta.com,  un blog de xente e para xente.

Todos e todas temos unha historia que contar, unha meta ou propósito na vida.‘Gente que cuenta’ descobre xente coa que podemos aprender ou pasar un bo rato, proxectos de persoas que día a día loitan para seguir adiante. O obxectivo é afondar nas vidas de xente coma ti ou coma min, coa que te cruzas pola rúa.

foto de Inés Silvalde

Inés Silvalde

A pintora Inés Silvalde fai un percorrido polos lugares onde comeza a xestación da obra artística en ‘A gorida do artista’. Nesta sección comparte tempo e espazo con artistas plásticos, artesáns e artistas audiovisuais de Compostela e arredores.

Preme na imaxe para ler os artigos de ‘A gorida do artista’.

foto de Ana Romero

Ana Romero

Son Ana Romero, unha coruñesa que tras viaxar polo mundo aprendendo idiomas asentouse en Madrid para desenvolver a súa carreira profesional como xornalista. Encántame escribir, viaxar, a música en directo e comer. É por iso que quero contarlle a todos os galegos e galegas que outros paisanos temos por Madrid e que nos conten a súa historia. 

The owner of this website has made a commitment to accessibility and inclusion, please report any problems that you encounter using the contact form on this website. This site uses the WP ADA Compliance Check plugin to enhance accessibility.